Legislación municipal en materia animal de Galicia para Orense

4.4/5 - (76 votos)

Seguidamente vamos a exponer la legislación municipal en materia animal de Galicia para Orense: Ordenanza municipal de uso de zonas verdes.

Legislación municipal en materia animal de Galicia para Orense

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Constitución Española e o Estatuto de Autonomía de Galicia impelen aos poderes públicos a promover as condicións para que toda a cidadanía goce dunha digna calidade de vida.

A Constitución, no seu artigo 45º, recolle que todos teñen o dereito a gozar dun medio ambiente adecuado para o desenvolvemento da persoa, así como o deber de conservalo.

Así mesmo, a Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, no seu artigo 25, e a Lei 5/1997 da Administración Local de Galicia no seu artigo 80 sinala que o Municipio exercerá, en todo caso, competencias, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, nas seguintes materias:

a) Ordenación, xestión, execución e disciplina urbanística; promoción e xestión de vivendas; parques e xardíns, pavimentación de vías públicas urbanas e conservación de camiños e vías rurais.

b) Protección do medio ambiente.

Esta normativa pretende servir como instrumento xurídico que regule o uso e utilización das zonas verdes, parques e xardíns, de maneira que estas manteñan os seus valores ecolóxicos, funcionais e estéticos, evitando a súa alteración, degradación, destrución ou abandono. Así mesmo, a regulamentación de utilización e usos das zonas verdes permitirá aos vixilantes e Policía Local coñecer o alcance das súas obrigas extremando o celo no cumprimento da súa misión.

CAPITULO VI PROTECCIÓN DE ANIMAIS

Artigo 14º.- Protección de animais.

Actos prohibidos Para a boa conservación e mantemento das diferentes especies de animais, existentes nas zonas verdes, así como dos lagos, estanques ou cursos de auga existentes neles, están prohibidos os seguintes actos:

a) Cazar calquera tipo de animal

b) Inquietar ou molestar a calquera especie de animal, mesmo animais acuáticos; espantar as pombas ou paxaros, perseguilos ou tolerar que os persigan cans ou outros animais.

c) Pescar, ou causar dano aos peixes e animais acuáticos.

d) A tenencia en tales lugares de utensilios ou armas destinados á caza de aves ou outros animais, como cepos, escopetas de aire comprimido, etc.

Artigo 15º.- Animais de compañía, domésticos e asimilados

a) Os cans deberán ir conducidos por persoas e provistos de correa, salvo nas zonas debidamente coutadas para eles, circulando polas zonas de paseo dos parques e evitando causar molestias ás persoas.

b) Está prohibido o tránsito e estancia dos cans en pradarías ou superficies de céspede, penetrar nos macizos axardinados, nos estanques ou fontes.

c) Está prohibido aproximarse con cans aos xogos infantís, aos areeiros, ás áreas de xogos de adultos ou a calquera zona de similares características.

d) Está prohibido que os cans espanten as pombas, paxaros ou outras aves. De igual forma impídese incitar ou atacar a outros cans ou felinos.

e) Os cans non poderán depor os seus dexeccións -sólidas ou líquidas- sobre pradarías de céspede, plantacións, zonas axardinadas, macizos florais ou arbustivos, áreas de xogos infantís, areeiros, canchas deportivas e similares.

f) Os condutores dos cans -propietarios ou coidadores temporais- serán os responsables da recollida das dexeccións e de limpar os excrementos de forma inmediata, segundo disponse nas Ordenanzas relativas á limpeza e recollida de residuos vixente na actualidade.

g) Os condutores dos cans -propietarios ou coidadores temporais- serán responsables do seu comportamento, de acordo coa normativa aplicable.

h) Nalgunhas zonas verdes como xardíns históricos ou outros de especial valor ambiental, ou naquelas zonas acoutadas pola calidade das súas plantacións ou instalacións, poderá prohibirse expresamente a entrada de cans e outros animais domésticos, coa excepción dos cans guías.

i) Queda expresamente prohibido, nos espazos axardinados, os labores de aseo dos cans así como o permitir que estes beban das fontes de auga potable ou se introduzan nelas.

j) As cabalarías non poderán circular polas zonas verdes, parques, xardíns públicos ou zonas axardinadas, excepto naquelas zonas especialmente sinaladas para iso ou nas que se acouten para realizar actividades deportivas organizadas ou autorizadas polo Concello.

k) Atenderase a todo o disposto na Ordenanza Municipal de Posesión e Custodia de animais (BOP de 08/09/2005).

Artigo 16º.- Abandono de animais

Os usuarios das zonas verdes e dos espazos axardinados non poderán abandonar, nos devanditos lugares, especies animais de ningún tipo.

Artigo 17º.- Usos por outros animais

Queda prohibido o acceso de calquera animal ás zonas verdes públicas, salvo autorización expresa por parte do Concello, nese caso circularán por zonas especialmente sinaladas para iso, ou nas que se acouten para realizar actividades culturais ou deportivas.

Os animais non incluídos neste título non poderán circular en ningún caso por parques e xardíns, salvo autorización expresa.

CAPITULO X INFRACCIÓNS

Artigo 25º.- Clasificación

As infraccións clasifícanse en leves, graves e moi graves conforme se determine nos artigos seguintes.

Artigo 27º.- Infraccións graves

Consideraranse infraccións graves:

15 Inquietar, molestar, perseguir, espantar ou acosar calquera especie animal, que se atope, de forma permanente ou temporal, nunha zona verde.

16 Permitir que os cans circulen libremente e sen que vaian provistos de correa en calquera tipo de zona verde.

17 Transitar ou permanecer con cans nas pradarías ou superficies de céspede, penetrar nos macizos axardinados, así como nos estanques e fontes.

18 Non recoller as dexeccións dos animais e efectuar a limpeza do lugar de forma inmediata.

19 Efectuar labores de aseo dos cans e permitir que beban das fontes ou se introduzan nelas.

20 Circular con cabalarías ou acceder con calquera animal por zonas verdes, excepto naquelas zonas acoutadas para ese efecto para a realización de actos autorizados polo Concello.

Artigo 28º.- Moi Graves

Consideraranse infraccións moi graves:

A reincidencia en infraccións graves.

4 Realizar probas ou exercicios de tiro, acender petardos, utilizar bengalas e fogos de artificio.

10 Cazar, pescar ou danar calquera animal.

11 Introducirse con cans na zona de xogos infantís, nos areeiros e en áreas de xogo de adultos, ou en calquera outra zona de similares características.

12 Permitir que os cans depoñan as súas necesidades -sólidas ou líquidassobre pradarías de céspede, plantacións, zonas axardinadas, macizos florais ou arbustivos, áreas de xogos infantís, areeiros, canchas deportivas e similares.

13 Acceder con cans a zonas verdes -especialmente a xardíns históricos-, nos que figure expresamente a prohibición de entrada aos devanditos animais.

CAPITULO XI SANCIÓNS

Artigo 29º.- Competencia Sancionadora

O exercicio da potestade sancionadora correspóndelle á Xunta de Goberno Local segundo o artigo 127.1.1) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, agás que conforme á normativa sectorial correspondente se lle atribúa a outro órgano

Artigo 30º.- Sancións

As infraccións dos preceptos establecidos na presente Ordenanza serán sancionadas polo Concello de acordo co establecido na Lei 7/1985 de 2 de abril de Bases de Réxime local na forma seguinte:
a) As infraccións leves con multa de 30 a 750 euros.b) As infraccións graves con multa de 751 a 1500 euros.c) As infraccións moi graves con multa 1501 a 3000 euros.

A contía das sancións graduarase tendo en conta a natureza dos prexuízos causados, a intencionalidade, reincidencia e demais causas que puidesen concorrer.

Entenderase que incorre en reincidencia quen tivese sido obxecto de sanción firme por unha infracción da mesma natureza das reguladas nesta Ordenanza no termo dun ano.

Artigo 31º.- Responsabilidade

Serán responsables as persoas físicas ou xurídicas que realicen os actos ou incumpran os deberes que constitúan a infracción. Esta responsabilidade será esixible non só polos actos propios, senón tamén polos daquelas persoas por quen se debe responder e polos animais que se posúan, en aplicación dos artigos 1903 e 1905 do Código Civil.

Artigo 32º.- Infraccións a outras disposicións

No suposto de que a infracción cometida contra a presente Ordenanza vulnerase outros preceptos, leis xerais ou especiais, darase traslado do feito, por parte do Concello, á Autoridade ou Administración competente para o seu coñecemento e efectos legais procedentes.

Artigo 33º.- Reposición e indemnización

En todo caso, se as condutas sancionadas causasen danos ou prexuízos aos bens municipais, a resolución do procedemento poderá, nos termos establecidos no artigo 22 do RD 1398/93, de 4 de Agosto, declarar:

a) A esixencia ao infractor da reposición para o seu estado orixinario da situación alterada pola infracción.

b) A indemnización polos danos e prexuízos causados, cando a súa contía quedase determinada durante o procedemento.

DISPOSICIÓN FINAL

Primeira.-

A Alcaldía queda facultada para ditar cantas ordes ou instrucións resulten necesarias para a adecuada interpretación, desenvolvemento e aplicación desta Ordenanza, disposicións que quedarán incorporadas como Anexos á esta.

Segunda.-

A presente Ordenanza publicarase no Boletín Oficial da Provincia e entrará en vigor unha vez que se publique completamente o seu texto e transcorra o prazo de 15 días previsto nos artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985 Reguladora das Bases de Réxime Local.

Encuentra toda la legislación animal de España a través de este enlace.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.